A CASA DAS ABELLAS

A Casa das Abellas é un centro que conta aos seus visitantes a historia dunha pinga de mel:
“Da flor á mesa”

Durante a primavera e o verán,
as abellas colleitan o néctar das flores e
lévano a colmea onde elaboran o mel.
No outono, os abelleiros
extráenlle o mel aos panais e
envásano en botes para o seu consumo.

A Casa das Abellas é un centro de visitantes
que realiza actividades
intimamente relacionadas coas abellas,
a ecoloxía, o medio ambiente e
os saudables produtos das abellas.

CENTRO DE DIVULGACIÓN APÍCOLA